THIS IS THE FORMAT OF THE ABAU EXAM AND THE WAY YOU ARE GOING TO BE ASSESSED
Question 1. Summary (1 punto)
Esta pregunta será puntuada segundo os seguintes criterios:
1. O alumno/a identificou as ideas principais do texto e resumiunas sen incluír información
secundaria ou anecdótica.
2. O alumno/a expresou estas ideas en aproximadamente 50 palabras, sen copiar literalmente do
texto, con coherencia, claridade, cohesión, razoable corrección gramatical e léxico axeitado ao
tema.
Question 2. True/False (1 punto; 0,25 x 4)
O alumnado debe indicar se as frases son verdadeiras ou falsas e escribir a parte (e só esa parte)
do texto na que se basea para xustificar a súa resposta.
Question 3. Find words or phrases… (1 punto; 0,25 por cada palabra/expresión correcta)
Question 4. Pronunciation (1 punto; 0,25 x 4)
O alumnado debe demostrar que sabe distinguir elementos básicos da pronuncia do inglés,
como son consonantes, vogais, ditongos, terminacións, etc.
Question 5. Transformations (1,5 puntos; 3 x 0,5)
Transformación dunha parte ou o total dunha frase noutras palabras para que signifique o
mesmo. Constará de tres partes, cunha puntuación de 0,5 puntos para cada parte.
Question 6. Writing (3 puntos)
Esta pregunta pretende avaliar a capacidade comunicativa do alumnado no ámbito da
producción escrita. A nota final (máximo 3 puntos) outorgarase segundo a medida na que o
alumnado cumpra os seguintes parámetros; cada un deles puntuarase de 0 a 0,5 puntos:
a) Alcance. O alumnado aborda adecuadamente o tema proposto. Sabe comunicar as ideas que
quere transmitir utilizando unha considerable variedade de recursos. Sabe utilizar o rexistro
lingüístico adecuado á situación.
b) Riqueza e control do vocabulario.
c) Corrección gramatical. O alumnado ten un repertorio básico de elementos lingüísticos e de
estratexias que lle permiten abordar o tema con comodidade. Non comete erros gramaticais
básicos, como, por exemplo, omitir o suxeito diante dun verbo, omitir o “-s” da 3ª persoa do
singular do Presente Habitual (he writeS), utilizar adxectivos en plural, usar incorrectamente os
adxectivos posesivos e demostrativos, non dominar os tempos verbais e outros erros similares.
d) Fluidez. O alumnado posúe un dominio da lingua inglesa adecuado e suficiente para evitar
cortes na comunicación ou malentendidos.
e) Cohesión. O alumnado utiliza adecuadamente os conectores e demais medios de cohesión.
f) Coherencia. O alumnado é capaz de organizar as súas ideas para redactar un texto coherente
e ben estruturado.
TOTAL = 8,5 puntos.
Segunda parte: LISTENING TEST (1,5 puntos; 5 x 0,1 e 5 x 0,2)
O alumnado debe escoitar a gravación e a continuación contestar a dez preguntas tipo “test”
e/ou doutro tipo, por exemplo, de encher unha frase coa información que se proporciona na
gravación.
https://englishasbarxas.blogspot.com/p/2-bach.html