O IES AS BARXAS conta cun proxecto Erasmus+ chamado SAFTAS (Students Academy of Film and Theatre Awards) sobre cine e teatro e no que participan 6 paises europeos. O proxecto de tres cursos de duranción atópase no seu segundo ano. Ata o momento, ademais de diferentes talleres de formación, gravación de vídeos, preparación de obras de teatro, asistencia a festivais de cine,etc. tamén temos viaxado a Italia, Francia e Grecia. Durante o presente curso, no mes de novembro, acollemos a 40 alumnos e profesores europeos onde tamén se traballou sobre os temas mencionados e se celebrou o Festival de Outono onde os distintos países presentaron os traballos realizados. No mes de xaneiro asistimos ó festival PREMIERS PLANS de Angers, unha experiencia fantástica onde os alumnos asistiron como xurado, viron cine, entrevistaron a profesionais e escribiron crítica cinematográfica. Todo en inglés e traballando de maneira coordinada con alumnos europeos. Poden atopar unha mostra no seguinte link, así como na web do centro.
O próximo curso temos previsto voltar a asistir ó Festival de Cine de Angers,Francia. No mes de abril durante unha semana un grupo de alumnos e profesores participarán no Festival Final do proxecto en La Fleche ( Francia).
Durante este trimestre temos previsto:
(Días 8,10.12,15,22 de maio)
-Visita á ESAD
-Asistencia ó festival de Cans/Olloboi.
- Edición de varios vídeos.
- Comezar a escribir os guións de obra de teatro e curtametraxe para festival final 2018.
- Outras actividades pendentes de confirmación.
Os traballos son feitos en horario extraescolar, normalmente luns mediodía ou algunha tarde.
Se estás interesado/a en formar parte do mesmo é necesario cubrir os datos a continuación.
Moaña, 18 abril de 2017
Palmira Calvar
Profesora de Inglés e coordinadora do proxecto.
________________________________________________________________________________
Alumno/a _______________________________________ matriculado/a en ______ grupo______
con e-mail:__________________________________e teléfono de contacto __________________
A súa nai / pai , _____________________________________ con DNI ____________________
Moaña, __________ de _________________ de 2016
Sinatura da nai/pai _____________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.