viernes, 9 de enero de 2015

200 BOLSAS PARA ESTUDAR EN CANADÁ E ESTADOS UNIDOS UN ANO ESCOLAR

A Fundación Amancio Ortega co ánimo de apoiar os novos estudantes, convoca 200 bolsas para alumnos do sistema educativo de España, interesados en estudar en Canadá e Estados Unidos un ano escolar equivalente ao Primer ano de Bacharelato. O Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega formula principalmente os seguintes obxectivos: Mellorar os coñecementos de lingua inglesa e a formación integral do estudante. Potenciar a capacidade de adaptación e aprendizaxe nun novo ámbito. Cada unha das bolsas do Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega para o curso escolar 2015-2016 inclúe os servizos especificados a continuación, referidos a tres fases: Preparación e Saída Estanza en Canadá ou Estados Unidos Regreso á cidade de orixe Requisitos Dirixido a novos estudantes de 4º de ESO do territorio español que teñan unha nota media de 7,5 en 3º de ESO e 8 en inglés. Dotación Escolarización nun centro educativo "High School", durante un curso escolar (10 meses, agosto/setembro de 2015 a xuño/xullo de 2016). Período de inscrición Do 7/1/2015 ao 9/2/2015 Máis información http://becas.faortega.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Present Continuous game

Present Continuous