viernes, 25 de abril de 2014


ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA OS EXAMES LIBRES DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
As Escolas Oficiais de Idiomas veñen de abrir o prazo para a matrícula libre para as probas de certificación 2013-14, nos idiomas que se recollen na Circular que regula estas probas no curso 2013-14.

Os requisitos xerais para matricularse por libre son:

       Ter cumpridos os 16 anos antes do 31 de decembro do 2014, si queremos presentarnos ao idioma que cursamos como 1ª lingua extranxeira na ESO
  • Ter cumpridos 14 anos antes do 31 de decembro do 2014, para calquera idioma diferentes ao que estea a cursar como 1ª lingua estranxeira na ESO 
 COUSAS QUE DEBES SABER:
Nesta modalidade o alumnado só ten dereito a facer o exame, non hai clases nin titorías.
  • As probas libres coinciden coas de certificación do alumnado oficial e fanse ao rematar cada nivel  (Básico, Intermedio e Avanzado)
  • O alumnado na modalidade libre só se poderá presentar ás probas en xuño, polo tanto debe comprobar se se pode presentar ás probas nas datas establecidas antes de matricularse. En todo caso, as taxas de matrícula non se devolven.  As datas das probas son inamovibles.
  • Consulta aquí as datas dos exames
O prazo de inscrición vai do 14 ao 30 de abril  (14:00 h.)
Podedes consultar toda a información na web de calquera das Escolas Oficiais de Idiomas. Aquí vos deixo a de Vigo

Lembrade que en Cangas, no IES de Rodeira temos unha extensión da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, onde podedes facer a matrícula.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Present Continuous game

Present Continuous